A Alianza

Alianza Galega polo Clima - Xunta de Galicia

A Alianza Galega polo Clima é unha iniciativa que avoga pola busca de medidas comúns e coordinadas que xeren sinerxias na acción climática en Galicia. Esta Alianza reunirá a organizacións que estean dispostas a asumir un compromiso para avanzar na mellora do medio ambiente, o logro dos Obxectivos do Desenvolvemento Sustentable e a Axenda 2030. Inclúe empresas, asociacións profesionais e organizacións sindicais, así como, oenegués ambientais, entidades da sociedade civil e administracións públicas que queiran achegar a súa experiencia e formar parte dunha Galicia neutra.

Paisaje 1
Paisaje 2
Paisaje 3
Paisaje 4

Loita contra o cambio climático
Aspira a reunir a entidades galegas comprometidas coa Acción Climática co obxectivo de mellorar o efecto das súas actuacións na loita contra o cambio climático

Compromiso común
Avoga por un compromiso visible das diferentes organizacións que a integran, que definirá a priorización de estratexias e iniciativas comúns que contribúan á resolución dos principais problemas medioambientais de Galicia.

Xestión eficiente 
Servirá para identificar os factores, brechas de coñecemento e de xestión que obstaculizan que as organizacións asuman un compromiso medioambiental.
Ofrecerá ferramentas a pequenas e medianas empresas para a súa incorporación activa á alianza para acadar unha mellora medio ambiental dos seus procesos.

Mellora ambiental
Impulsará iniciativas de mellora nas prácticas medioambientais das organizacións e da sistemática de compartir boas prácticas e o recoñecemento público a esta implicación coa mellora do medio ambiente.