Como adherirse

Únete o cambio
Ser membro da Alianza é totalmente gratuito e para formalizar a adhesión deberá seguir o seguinte proceso:
  1. Cubrir o seguinte cuestionario con datos da entidade, actividades que se realizan para mitigar/adaptar o cambio climático e necesidades.
  2. Revisión do cuestionario.
  3. Envío de memorando editable que se remitirá cuberto e asinado polo representante legal.
  4. A entidade xa é membro da Alianza! A partir de aquí comezaremos a traballar en accións conxuntas.

Quen pode formar parte da alianza

Esta Alianza pretende reunir a:

  • Organizacións que estean dispostas a asumir un compromiso para avanzar na mellora do medio ambiente, a loita contra o cambio climático, unha economía circular e sustentable e o logro dos Obxectivos do Desenvolvemento Sustentable e a Axenda 2030.
  • Empresas, asociacións profesionais e organizacións sindicais que queiran aproveitar a oportunidade que o compromiso medio ambiental conleva para a diferenciación das características dos seus produtos e da súa forma de producir responsable co medio ambiente, contribuíndo así a desvincular o crecemento económico mundial da degradación ambiental.
  • ONG ambientais, organizacións da sociedade civil que queiran achegar a súa experiencia en prácticas de compromiso medio ambiental e de produción sustentable e unha mellor xestión dos recursos naturais.
  • Organizacións científicas e académicas que acheguen os seus coñecementos na mellora das prácticas medio ambientais.
  • Administracións públicas implicadas.