A Xunta de Galicia agradece o intenso labor das entidades adheridas á Alianza para que o territorio teña un futuro próximo máis verde e libre de residuos.

Luns, 29 Xaneiro 2024

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, destacou a importancia que cobra a colaboración para afrontar tanto os retos e desafíos do futuro, a actuación proactiva en episodios de emerxencia como a perda de parte da carga por parte do mercante Toconao. 

É preciso continuar o traballo constante sobre a problemática da contaminación de plásticos presentes nos areais, sendo transcendental a organización de xornadas de concienciación e voluntariado coas que actuar en ríos e espazos naturais, pois máis do 40% do territorio galego está amparado pola figura da protección (parques, reservas de Biosfera...). 

Para máis información prema na seguinte ligazón: A Xunta agradece o intenso labor das entidades da Alianza para que a Galicia do futuro sexa máis verde e libre de residuos - Xunta de Galicia