Grupo Cool Farms recibe na súa plantación ecolóxica de arándano ao alumnado de EFA Fonteboa, dentro do programa Inspiradores polo Clima

Xoves, 16 Abril 2026
  • Os alumnos do ciclo Superior de Producción Agropecuaria de EFA Fonteboa de Coristanco puideron coñecer a Finca Horticina, de producción ecolóxica, 0 emisións e onde practican a agricultura rexenerativa.
  • O programa de divulgación ambiental “Visitas Inspiradores polo clima” ofrece aos centros de FP e Universidade visitas ás empresas da Alianza Galega Polo Clima, que están a traballar en melloras e proxectos de innovación para mitigar os efectos do cambio climático.

O pasado 16 de abril, o alumnado do primeiro curso de Producción Agropecuaria de EFA Fonteboa de Coristanco participou na visita á Finca Horticina, do Grupo Cool, dentro do programa “Inspiradores polo clima”, programa de divulgación de Mocidade polo Clima.


O programa “Inspiradores polo clima” é unha iniciativa da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático en colaboración coa Alianza Galega polo clima, que ten como obxectivo achegar a actividade e as boas prácticas medioambientais das empresa da Alianza ao alumnado dos centros de Formación Profesional.


Miguel Ángel Mato, Director de Compras e Expansión do Grupo Cool e Bastián González, Director agrícola, foron os encargados de guiar esta visita onde os alumnos e alumnas puideron coñecer, de primeira man, a producción do arándano ecolóxico e os distintos compromisos medioambientales da compañía.


Trátase dunha finca de producción ecolóxica e de 0 emisións, é dicir compensan todas as emisións que xeran e preocúpanse por xerar as menos posibles. Ademáis están inmersos nun proceso de reconversión cara a vehículos eléctricos e de feito ningún vehículo de combustión fósil pode acceder á finca.


A visita comezou cun paseo pola plantación de arándano de máis de 400 hectáreas, onde o alumnado mostrou o seu interese polo modelo de agricultura rexenerativa que practican, unha agricultura sostible que busca restaurar a saúde do solo, aumentar a biodiversidad e capturar carbono.


Coñeceron os fertilizantes naturais que empregan así como o sistema de rega e de abastecemento de auga, contan con 3 balsas que aproveitan a auga de escorrentía da propia finca e a almacenan para o seu posterior uso. A visita rematou na sala de procesado e envasado.


A través destas visitas de “Inspiradores polo clima” o alumnado pode achegarse ao funcionamento de distintas empresas galega de primeiro nivel, que forman parte da Alianza Galega polo Clima, e os avances/proxectos que están a levar para loitar contra o cambio climático, para favorecer a mellora do medio ambiente e a economía circular.


Durante a visita os participantes poden tamén coñecer distintos perfís profesionais que se atopan dentro destas compañías, así como as novas titulacións relacionadas coa economía verde.

Unión Europea FEDER