-
Máis de 50 alumnos de 3 e 4 da ESO do IES de Carral coñeceron os compromisos medioambientais e os proxectos de innovación que están a levar a cabo Emalcsa en ABIN.
-
Os obradoiros “ Inspiradores polo clima” desenvólvense en centros educativos de secundaria de toda Galicia,e dan a coñecer ao alumnado distintos proxectos de innovación de empresas que están a traballar en solucións para acadar a neutralidade climática.
O pasado 21 de abril, o alumnado de 3 e 4 da ESO do IES de Carral participou no obradoiro “Inspiradores polo Clima” no que coñeceron a experiencia de Ricardo Vázquez, director de I+D+i de Emalcsa (Empresa Municipal de Agua de A Coruña) e de Ángel Rodríguez, CEO de ABIN (Aplicaciones de Bombeo Industrial), dentro deste programa de Mocidade polo Clima.
O programa “Inspiradores polo clima” é unha iniciativa da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático en colaboración coa Alianza Galega polo clima, que ten como obxectivo achegar a actividade e as boas prácticas medioambientais das empresa da Alianza ao alumnado dos centros de secundaria ao mismo tempo que servir de inspiración para fomentar vocacións relacionadas coa economía verde.
A auga, e o seu tratamento, foi o nexo de unión deste obradoiro no que a empresa de Carral ABIN (Aplicaciones de Bombeo Industrial) explicou detalladamente a súa actividade aos participantes. Ángel Rodriguez, CEO de ABIN, destacou a tecnoloxía que empregan en traballos tan importantes como a drenaxe dos lodos ocasionados pola Dana de Valencia, e a evolución que están levando a cabo coas estacións de bombeo de superficie, moito máis beneficiosas para o medioambiente e a protección do entorno.
Pola súa parte Ricardo Vázquez, director de I+D+i de Emalcsa, achegou ao alumnado ao seu entorno local e explicou a importancia de conservar o entorno natural nas mellores condicións e como iso repercute directamente, por exemplo, na calidade da auga á que temos acceso. Expúxolles aos alumnos e alumnas exemplos concretos da incidencia do cambio climático en lugares do seu propio concello e contorna. Todo isto cunha reflexión de cómo o equilibro entre o entorno e a accións das persoas nel é a clave para manter os ecosistemas e a nosa calidade de vida.
Para o alumnado foi tamén moi interesante poder coñecer a traxectoria e o desenvolvemento profesional que levaron a cabo ambos relatores ao longo da súa vida laboral.
Éste é un dos obxectivos destes obradoiros “Inspiradores polo clima” a través dos que os participantes poden tamén coñecer distintos perfís profesionais que se atopan dentro das distintas compañías, así como as novas titulacións relacionadas coa economía verde.
Ademáis deste obradoiros, o programa “Inspiradores polo clima” conta con visitas guiadas a empresas que forman parte da Alianza Galega polo Clima, destinadas a alumnado de Ciclos Formativos e Universidade.
Dende a Alianza Galega polo Clima apostamos pola divulgación e sensibilización da mocidade galega en materia climática e animámosvos a participar neste programa de visitas e obradoiros “Inspiradores polo Clima”, que continuará durante todo este curso en distintos puntos de Galicia.
