O pasado 24 de outubro, durante a celebración da 1ª Conferencia das Partes da Alianza Galega polo Clima, presentouse o vídeo de boas prácticas ambientais de varias entidades asinantes do memorando da AGpC.
O primeiro deles correspondou á Autoridade Portuaria de A Coruña, centrado no seu proxecto transformador da súa infraestrutura, A Coruña Green Port. A entidade pública contou coa representación do seu xefe de sostibilidade, Andrés Guerra.
Este proxecto pretende poñer á vangarda ao Porto de A Coruña, no apoio directo da transición das industrias da Área Metropolitana da cidade ata a descarbonización e o uso de novas fontes de enerxía. Un reforzo polo Medio Ambiente e pola sostibilidade, incluindo a entidades privadas en moitos dos novos proxectos.
Biocombustibles, procesos dixitalizadores e descarbonización da actividade industrial, esos son os tres piares básicos desta estratexia.
Unha estratexia que desenvolve ao porto urbano e especialmente, ao porto exterior.
Outras entidades asinantes, como é Inditex, están presentes neste cambio de paradigma, concretamente co impulso de tres aeroxeradores en Punta Langosteira, dando enerxía a todo o porto e tamén á sede do xigante téxtil en Sabón.
O Porto de A Coruña está e estará implicado no desenvolvemento sostible da nosa comunidade, sendo este un proxecto tractor, transformador da Coruña, e de Galicia.