![](/sites/default/files/contido/comunicacion/Dise%C3%B1o%20sin%20t%C3%ADtulo%20%286%29.png)
Xoves, 07 Decembro 2023
Este segundo vídeo de Boas Prácticas pertence a unha das entidades asinantes máis importantes non só a nivel nacional, senón tamén de toda Europa, Coca-Cola Europacific Partners Iberia.
Unha entidade asinante co obxectivo de acadar cero emisións netas no 2040. Neste vídeo pódese apreciar cales son as áreas prioritarias da entidade:
- Acción Climática.
- Envases sostibles.
- Xestión da auga en toda a cadea produtiva.
- O benestar do seu capital humano e da persoa consumidora.
- A contribución ao territorio, neste caso, a Galicia.
Pode acceder ao vídeo de boas prácticas, a través da seguinte ligazón: https://alianzagalegapoloclima.gal/gl/recursos-de-interese