A última entidade en adherirse á Alianza foi o ICOIIG-COLEGIO OFICIAL DE INGENIEROS INDUSTRIALES DE GALICIA. Unha corporación de dereito público que ten como obxectivo defender os lexítimos intereses dos seus colexiados, ordear e valorar a súa actividade na sociedade e que, ademais, ofrece servizos de alto valor engadido e. Os seus intereses fundacionais son promover o desenvolvemento industrial sustentable e a compatibilidade das industrias coa conservación do medio. Na sinatura contamos coa presenza de Julio García Cordonié (Decano de ICOIIG) y Pablo Perez Vazquez (Director de ICOIIG).
Ademais, no acto de sinatura, a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático Paula Uría Traba avanza a posta en marcha dunha oficina técnica de apoio ás empresas e entidades galegas nas súas accións fronte ao cambio climático, así como a previsión de varios workshops, encontros, foros e eventos formativos en temas de interese.
Máis información aquí: https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/004737/alianza-gallega-por-clima-inicia-una-nueva-etapa-con-reto-situar-comunidad-tejido
*Programa cofinanciado pola Unión Europea e Fondos FEDER.