Luns, 04 Marzo 2024
A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, destacou a importancia de sumar a esta iniciativa ao Grupo Ibérico de Congelados, facendo máis resiliente á comunidade e continuar a establecer pautas na busca dunha #Galicia neutra antes do 2050.
A Alianza Galega polo Clima conta xa con case 120 entidades adscritas, Iberconsa únese como unha compañía clave na puxanza da industria pesqueira galega e que xera riqueza no territorio. Con esta sinatura, a compañía reforza o seu compromiso co territorio e cunha pesca sostible e compatible co medio.
Para máis informacion da adhesión prema na seguinte ligazón: https://lnkd.in/d_FV8JWM