A Alianza Galega polo Clima celebra o I Foro Técnico sobre "casos de éxito ante os novos retos climáticos"

Mércores, 18 Setembro 2024

Celebramos o I Foro Técnico da Alianza Galega polo Clima!

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez Mejuto e a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría Traba inauguraron e clausuraron o noso I Foro técnico, que serviu nesta ocasión para falar dos casos de éxito sobre os novos retos ante o cambio climático.

Dende a Alianza queremos dar as grazas a todos os máis de 120 xerentes, directores, técnicos e representantes de entidades e empresas que nos acompañaron onte, e aos 12 relatores que compartiron con nós a súa visión sobre as iniciativas que se están levando a cabo nas súas empresas para facer fronte aos principais retos medioambientais, así como sobre as oportunidades que está situación trae consigo.

Neste I Foro Técnico contamos coa colaboración de:

  • ENCE ENERGÍA & CELULOSA
  • CÁMARA OFICIAL MINEIRA DE GALICIA
  • MADERAS BESTEIRO
  • NAVANTIA
  • COOPERATIVAS LÁCTEAS UNIDAS (CLUN)
  • ANFACO-CECOPESCA
  • GRUPO JEALSA - PET SELECT
  • SOCIEDADE GALEGA DO MEDO AMBIENTE
  • TOLDOS GÓMEZ
  • COCA-COLA
  • VEGALSA-EROSKI
  • CORPORACIÓN VOZ DE GALICIA 

No peche da xornada, a directora xeral anunciou que o vindeiro día 24 de outubro celebraremos a Conferencia das partes da Alianza Galega polo Clima, onde todos os seus membros, como cada ano, reuniranse para falar de novas medidas e accións conxuntas para acadar a neutralidade climática.
 

Podes ler máis sobre o I Foro Técnico no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/es/notas-de-prensa/-/nova/005301/xunta-reune-las-entidades-alianza-galega-polo-clima-primer-encuentro-trabajo

 

*Programa cofinanciado pola Unión Europea e Fondos FEDER.