A Alianza Galega polo Clima acada xa as 100 entidades asinantes coa adhesión de Conxemar, aumentando así o compromiso por acadar unha Galicia resiliente.

Luns, 05 Febreiro 2024

 

A vicepresidenta segunda e conselleira de Cambio Climático, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, puxo en valor durante a sinatura coa Asociación Española de Maioristas, Importadores, Exportadores e Transformadores de  Produto de Pesca e da Acuicultura, os grandes esforzos que está a facer todo o conxunto da comunidade en acadar unha Galicia máis verde e converterse nun verdadeiro refuxio climático.

Conxemar conta con máis de 230 empresas asociadas, con máis dunha centena delas galegas, estando comprometida en colaborar activamente na creación de sinerxías para aumentar a resiliencia de Galicia ante o cambio climático.

Toda a información sobre o acto de sinatura: https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/87472/alianza-galega-polo-clima-consigue-los-100-miembros-tras-adhesion-conxemar-los?langId=gl_ES