A Alianza celebrará a II Conferencia das Partes na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela

Xoves, 17 Outubro 2024

O próximo xoves 24 de outubro a Alianza Galega de Clima reunirá aos seus membros e outras entidades interesadas na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.
Esta Conferencia é o evento máis importante do ano na que celebraremos o seu plenario, reflexionaremos sobre a importancia da neutralidade climática e avanzaremos nos futuros pasos dentro da Alianza.

O programa será o seguinte:

9:30 - Recepción de asistentes e café de benvida

10:00 - Apertura institucional. Ángeles Vázquez Mejuto, conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático

10:15 - Charla inspiracional:
Ciencia e Clima. Deborah García Bello

10:30 - II Pleno de la Alianza Galega polo Clima

11:00 - Conversación:
Mentoring e innovación aberta para a neutralidade climática

11:40 - Conversación:
Talento e coñecemento como factores clave para a competitividade climática

12:20 - Arte polo clima.
Catarsis, coreografía de Javier Vázquez Gundin, 1º premio de Danza Moderna de Xuventude Crea 2023
Presentación do mural realizado en directo por Andrea Otero, 3º premio Arte Urbana de Xuventude Crea 2022

12:30 – Peche institucional e foto de familia
Alfonso Rueda. Presidente Xunta de Galicia

Se desexas asistir, podes facelo na seguinte ligazón: https://forms.office.com/e/NRAhkvuKjd

Vémonos o xoves 24 de outubro ás 9:30!